Homenaxe a esas mulleres que transmitiron xeración tras xeración, unha poesía popular que mantén viva a memoria do noso pobo.
Adolfina e Rosa Casás, cantareiras de Cerceda, foron dúas das voces fundamentais que representan esa forza e ese legado vivo da nosa tradición musical.
Esta lámina nace dun tapiz bordado a máquina e pintado a man, e reproduce as súas texturas sobre papel de 300gr, de cor crema e con acabado mate.
Envíase nun sobre ríxido de cartón cosido a man, cartón base protector e sobre de celofán.