AVELAÍÑA - Lámina A4

18,00

Image of AVELAÍÑA - Lámina  A4 Image of AVELAÍÑA - Lámina  A4 Image of AVELAÍÑA - Lámina  A4 Image of AVELAÍÑA - Lámina  A4

Lámina inspirada nas crenzas de antes, cando se dicía que as avelaíñas traían sorte ou anunciaban novas.

Para min son un pequeno símbolo de protección e un recordo das historias que me contaban de nena.

Esta lámina nace dun tapiz bordado a man que reproduce as súas texturas sobre papel conqueror de 300gr, de cor crema e con acabado mate.

Impresión dixital.

Envíase nun sobre ríxido de cartón cosido, cartón base protector e sobre de celofán.